Luces de Bohemia
0 commentaires
0 distinctions
0 personne(s) l'ont ajoutée à leurs favoris
anorexia,
arousa,
basella,
bulimia,
Camba,
contaminacion,
esteiro,
Inclan,
Julio,
Prestige,
Umia,
Valle,
vilanova
Editorial As dificultades de facer un periódico nas aulas Parecía unha boa idea tratalos temas de Ciencias Medio Ambientais e da Saúde de 3º de ESO como unha actividade periodística na que os alumnos realizarían unha serie de reportaxes relacionados cos contidos da materia. Tamén se supoñía que a participación de tódolos alumnos facilitaría a consecución da tarefa proposta: os diferentes traballos servirían para desenvolvelos contidos da materia obxecto de estudio e durante as sesións de informática realizaríamos unha consulta da información en internet e os alumnos farían o periódico. Todo estaba moi ben ata que nos puxemos a traballar. Os alumnos conseguiron inscribirse con máis ou menos problemas; pero algúns esqueceron o contrasinal anque colaboraron e outros non participaron coa intensidade que se esperaba. Foi necesario ensinarlles como se fai un traballo sen baixalo de internet. Consultar fontes, sí; pero contrastando a información cos coñecementos adquiridos nas clases, adaptala ó entorno social e redactar a noticia con verbas propias. Apoiamos a demanda dun grupo social para incorporar o Esteiro na rede de espacios protexidos de Galicia, recordamos ós escritores vilanoveses de fama universal como unha referencia e aliciente para a xuventude, analizamos o papel que xoga a enerxía na nosa sociedade e a problemática do esgotamento das principais fontes enerxéticas, consideramos a contaminación dos ríos que subministran a auga potable á nosa comarca e os impactos globais da polución atmosférica. No transcurso do traballo comprobamos que é certo o que indican os estudios relativos á diminución do emprego do idioma galego por parte da xuventude. Esta foi unha das razóns para elaborar o periódico na nosa lingua, e demostrar que se pode participar nun concurso nacional empregando o galego. E este é un aspecto que lle temos que agradecer a “El País”. Tamén nós somos deste país. O Esteiro de Vilanova é un recurso natural con grandes posibilidades Segundo varios estudios, posúe un gran potencial turístico e acuícola A pesares de ser unha zona húmida con gran presencia de aves, o Esteiro de Vilanova non está incorporado ó complexo intermareal Umia Carreirón O Grove que é a reserva natural máis importante que temos na nosa comarca. O Concello analizou no ano 1987 as súas posibilidades como zona de producción marisqueira e atractivo turístico; pero nunca se levou a cabo o proxecto a pesares dos ingresos millonarios previstos. Páxina 5 O futuro da lingua galega O idioma galego pode converterse nunha lingua litúrxica se a mocidade se decata por falar en castelán (Isaac Díaz Pardo) Recentes estudios sociolóxicos sinalan que o idioma galego malia ser maioritario en Galicia, está perdendo galegofalantes porque gran parte da xuventude se decata maioritariamente por falar castelán. Esto é porque a maioría dos nenos aprenden a falar en castelán, sobre todo nas cidades. Por esta razón, o ilustre galeguista Isaac Díaz Pardo teme que o galego desapareza como lingua coloquial para quedar como unha lingua de culto ou litúrxica. Os estudiosos consideran que a causa está na presión idiomática do castelán, especialmente no relativo ás novas tecnoloxías. A pesares de que a lingua galega é unha materia que se imparte en tódolos cursos, os mozos séntense con maior destreza no emprego do castelán. Opinan as mesmas fontes que é necesario crear espacios onde se fale o galego con total normalidade, especialmente no eido do lecer. Para coñecer a situación do noso idioma na clase, fixemos unha pequena enquisa na que se parecen confirmar os malos presaxios dos citados estudios. Unha lixeira maioría da clase, o 55 %, fala normalmente cos seus amigos en castelán, dos cales a metade fala na casa en galego. O motivo para decidirse polo castelán é por considerar que o idioma galego é cousa dos vellos e propio das aldeas. Falar castelán considérase máis fino e de xente de cidade. Opinan que o galego non ten a mesma utilidade que o castelán porque o falan poucos dos seus amigos e non serve para conversar con xente de fora de Galicia. Pola contra, a maioría séntense máis galegos que españois e se mostran orgullosos de ter unha lingua propia. Empregarían o galego se máis xente do seu entorno o falara. Necesitaríase convencer ou seducir á xuventude de que o galego é un idioma do que nos podemos sentir orgullosos. Pensan que para recuperar o idioma galego os pais llo teñen que falar ós fillos dende pequenos, e tamén que tódalas clases sexan en galego. Pola contra, algúns opinan que hai que deixar a cada quen falar na lingua que queira. Tamén consideran que a materia de lingua galega é moi difícil, concretamente porque o galego normativizado non é o que se fala nas rúas. De tódolos xeitos, este non é un motivo para o rexeitamento do idioma, aínda que non está sendo ben visto empregar cos amigos o galego normativizado. Sumario Ciencia e Tecnoloxía Os combustibles fósiles son as fontes de enerxía máis empregada pola sociedade industrial. Estes recursos son limitados e hay que buscar fontes de enerxía alternativas. Páxina 2 Medio Ambiente A contaminación dos nosos ríos é un problema ambiental que pon en perigo a calidade da auga de consumo. Páxina 3 A contaminación atmosférica provoca graves impactos ambientais de carácter global como o efecto invernadoiro, a choiva ácida e o burato na capa de ozono. Páxina 3 Sociedade e cultura Vilanova de Arousa, o noso pobo, é o berce de grandes escritores como foron Valle Inclán e os irmáns Xulio e Francisco Camba. Páxina 4 A violencia nas aulas é un problema que afecta a tódolos centros educativos. Páxina 5 A anaorexia e a bulimia son graves problemas sociais. Páxina 5 Vilanova de Arousa O Esteiro de Vilanova é unha zona húmida de gran valor ecolóxico que debería estar incluída dentro do complexo intermareal Umia Lanzada O Grove Carreirón. Páxina 6 Entrevista Entrevistamos a Amadeo Rey Charlín, un dos heroes do Prestige que impediron que a marea negra entrara na Ría de Arousa. Páxina 7 Fotografía do Esteiro de Vilanova durante a preamar, cando se asemella a un fermoso lago. /XUANXO
Periódico elaborado polos alumnos de Ciencias medioambiestais e da saúde de 3º de ESO durante o curso 2006-2007 para participar no concurso "El País de los estudiantes"
Rejoignez Calaméo pour bénéficier d'un compte gratuit ou connectez-vous si vous êtes déjà membre.