English Français Español
ex. : internet calameo download
Publié par
 
Envoyer un message
Copyright : Tous droits réservés

Documento: frentismo e presenza pública

Format : Divers
Catégorie : Politique
Langage : Galicien
1 pages
Publiée le 6 Mai 2008
Vue 4 fois
0 commentaires
0 distinctions
0 personne(s) l'ont ajoutée à leurs favoris
 
A presenza pública de Isca, unha organización xuvenil autónoma A práctica política en organizacións frontistas e plurais é enormemente dificultosa por canto moitas das organización políticas que as compoñen perden a sua autonomía para se convertiren en meros grupos de presión que exercen unha sorte de governo na sombra. A práctica política de certos colectivos expresase en exclusividade no interior da Frente Patriótica ou da súa organización xuvenil, e isto pode causar, e de feito causa, enormes problemas no momento en que fins, obxectivos e campañas dos distintos colectivos e partidos se confunden cos da organización frentista. Deixa de ter sentido, polo tanto, a planificación de campañas no seo de Isca para trasladar á organización xuvenil, Galiza Nova, unha vez que esta última está formada non só por outros colectivos senón por militancia independente que moitas veces se ve alienada da “toma real de decisións”. A lealdade de Isca aos principios da democracia asemblearia e participativa deben implicar un cambio de actitude no que se refire ás relacións entre as organizacións partidarias e as unitarias. Deberemos tender, polo tanto, a facilitar, no máximo posíbel, a que sexan os organismos das organizacións de masas nas que participamos os que tomen “realmente” as decisións. Iso non implica que non teñamos como Isca posición propia en determinados asuntos de importante carácter político e ideolóxico. É preciso romper tamén coa “clandestinidade” con que actúan hoxe en día os colectivos no seo do Movemento Nacionalista, especialmente a nivel xuvenil. Fronte a isto, debemos optar por actuar con absoluta transparencia, mesmo explicitando se for preciso as nosas posicións como colectivo organizado, sempre de maneira flexíbel e aberta, e con pleno respecto aos organismos nos que participamos, evitando que estes actúen como correa de transmisión de decisións tomadas noutras instancias. Unha vez que nos asumimos como parte mais non como totalidade das organizacións de masas nas que participamos, entendemos que a presenza pública da nosa organización (Isca) posibilitará que se nos recoñeza como unha organización autónoma e con liña política propia á marxe da que teña Galiza Nova ou BNG. Lealmente traballaremos no seo da Fronte e da sua organización xuvenil mais non renunciaremos a desenvolver campañas, material propio e propaganda sobre cuestións que consideremos relevantes e que marquen o noso perfil diferenciado no seo do Moeimento Nacionalista. Entendemos o frontismo, plantexado no contexto concreto da nosa nación, como a unión daqueles sectores sociais obxectivamente interesados na liberación nacional en torno a uns mínimos político-ideolóxicos. Polo tanto nas organizacións frentistas conviven grupos e organizacións que comparten unha parte, mais non todos, os seus principios políticos; deste xeito Isca, como organización marxista que é (condición que non atinxe ao BNG nen a Galiza Nova), ten todo o seu dereito a desenvolver todas aquelas campañas, actos e demais acción pública que se basee nestes principios non necesariamente compartidos polo resto de compoñentes da Fronte, sendo isto mesmo arriquecedor e necesario. No plano interno Isca aposta pola democracia, a transparencia e os debates abertos. Xa que logo, asumindo as decisións lexitimamente tomadas polos distintos organismos do BNG e de Galiza Nova, Isca considera o seu deber dar a coñecer entre toda a militancia os seus posicionamentos e mesmo, en lóxica coherencia co frontismo, a facer pública a súa discrepancia cando considera que as decisións tomadas constitúen un erro. Non obstante, e tendo en conta a actitude da inmensa maioría dos medios de comunicación do noso País, postos ao servizo da burguesía españolista e do capital monopolista, e polo tanto hostís ao nacionalismo, Isca non empregará por norma xeral estes medios para dar os seus debates políticos e garante a súa non utilización sabendo que pode prexudicar as organizacións nacionalistas. 1. Afortalarmos o frontismo e o asemblearismo 2. A presenza pública
 

Souhaitez-vous ajouter un commentaire ?

Rejoignez Calaméo pour bénéficier d'un compte gratuit ou connectez-vous si vous êtes déjà membre.

 

My publications (Par ISCA)