English Français Español
ex. : internet calameo download
 
Envoyer un message
Copyright : Tous droits réservés

Revista A Moa nº 27 - Verán do 2008

Format : Magazines
Catégorie : Politique
Langage : Galicien
8 pages
Publiée le 1 Sept. 2008
Vue 131 fois
0 commentaires
0 distinctions
0 personne(s) l'ont ajoutée à leurs favoris
 
Voceiro Local de BNG e Galiza Nova de Carnota ~ Verán 2008 ~ N° 27 Cremos en Carnota Un ano máis chegou o verán e con el, para moitos de nós, a familia que durante todo o ano está fóra, traballando en Canarias, Suiza, Estados Unidos… Moitas destas persoas, ao chegar ao Pindo, atopáronse cunha sorprendente novidade: resulta que alguén estaba tentando cobrarlles unhas «taxas do saneamento». Evidentemente comentárono cos seus veciños e amigos crendo que se trataba dun erro: como ninguén lles ía cobrar por un servizo que non teñen? Axiña descubriron que non se trataba dun erro. O propio alcalde, que se deixara caer polo Pindo para manter unha «charla» cos veciños na que só falou el mesmo, reiterou que había que pagar esa taxa, que «o mundo é inxusto». Noutras palabras: éche o que hai, gústevos ou non. Estes veciños, ao igual que moitos outros no Pindo, non entenden nada. E nós tampouco. O que menos entendemos é que este goberno culpe ao goberno anterior, liderado polo BNG, dunhas taxas que eles se sacaron do sombreiro ao pouco tempo de tomar posesión, é ás que ademais lle votamos en contra no pleno correspondente. O BNG aprobou estando no goberno o saneamento para o Pindo, e na última etapa da anterior lexislatura tíñamos bastante avanzadas unhas negociacións multilaterais para conseguir que a rede de saneamento se ampliara ata dita parroquia o antes posíbel. Máis nada. Polo tanto queremos deixar ben claro que é rotundamente falso que deixáramos estipulada ningunha taxa polo saneamento en núcleos de poboación onde non só non existe o servizo, senón que nin sequera o ten en obras. Parécenos indecente que o señor Oreiro acuda ao Pindo a chamarnos mentireiros diante dos cidadáns, cando é el o que anda inventando contos para xustificar diante dos veciños que o concello lle pase a factura dun servizo que nin se lles présta nin se vai a prestar a curto prazo. Tan indecente como que saíra na prensa asegurando que se producira unha discusión entre o alcalde e a concelleira nacionalista Merche Díaz, que non abriu a boca en todo o tempo que durou o que prometía ser reunión cos veciños e resultou ser un descarado mitin do PP. Está claro que o deste alcalde e o seu equipo é inventar. Igual que se inventou as taxas do saneamento do Pindo e un prezo de enganche de arredor de 400€ que xa criticamos en numerosas ocasións, inventouse o cobro pola asistencia a domicilio a persoas en situación de dependencia, polas actividades deportivas, polos certificados, compulsas, faxes, fotocopias. . . Como vedes, lamentabelmente esa capacidade inventiva do PP de Carnota sempre se acaba traducindo nun novo cobro directo ao peto do veciño a conta dun empeoramento do servizo. Pois amigos, parece ser que nos toca resignarnos a pagar servizos que non se dan ou que se dan peor que cando eran gratuitos, porque como di o señor Oreiro, o mundo é inxusto. >> TAXAS DE SANEAMENTO NO PINDO, POR QUE? SUMARIO TAXAS DE SANEAMENTO NO PINDO, POR QUE? ESTANNOS ARRUINANDO (ANÁLISE DO «ESTUDO FINANCIEIRO») OS CENTROS MÉDICOS PECHAN (OUTRA VEZ) PASEO MARÍTIMO DO PINDO: MANIPULACIÓN POPULAR O GOBERNO «MULTA» O ARRANXO DUNS MUIÑOS E LOGO ORGANIZA PERCORRIDOS POLOS MESMOS UN GOBERNO GALEGO VOLCADO CON CARNOTA NOVAS BREVES: DESCABEZAMENTO DO GOBERNO / CARNOTA AMOSA NO VERÁN A PEOR CARA ACCIÓN REIVINDICATIVA / BANDEIRA AZUL / BOICOT POPULAR ÁS GALESCOLAS HOXE O BNG OBTERÍA A ALCALDÍA / GRACIÑAS, CARNOTA! PÁX 1 2 4 5 6 7 8
 
Edición nº 27 correspondente ao verán do 2008 deste Voceiro local do BNG de Carnota, que xa chega á súa 12ª tempada. Sumario: * TAXAS DE SANEAMENTO NO PINDO, POR QUE? * ESTANNOS ARRUINANDO (ANÁLISE DO «ESTUDO FINANCIEIRO») * OS CENTROS MÉDICOS PECHAN...   [Plus]

Souhaitez-vous ajouter un commentaire ?

Rejoignez Calaméo pour bénéficier d'un compte gratuit ou connectez-vous si vous êtes déjà membre.

 

My publications (Par bngcarnota)

Publiée le 1 Sept. 2008
4 page(s)  -  Vue 14 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
8 page(s)  -  Vue 9 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
4 page(s)  -  Vue 4 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
5 page(s)  -  Vue 6 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
6 page(s)  -  Vue 12 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
10 page(s)  -  Vue 9 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
2 page(s)  -  Vue 10 fois
Publiée le 1 Sept. 2008
2 page(s)  -  Vue 21 fois