Documento de Formación
Para entender como está a situación do Servizo de Residencias da USC, temos que analizar primeiro a
realidade á que se enfronta o estudantado da mesma. Vivimos nun momento no que a crise económica se
converteu na chave mestra para o...
More
Documento de Formación
Para entender como está a situación do Servizo de Residencias da USC, temos que analizar primeiro a
realidade á que se enfronta o estudantado da mesma. Vivimos nun momento no que a crise económica se
converteu na chave mestra para o desmantelamento dos servizo públicos e a aplicación de lesivas políticas
liberais que fortalecen o empobrecemento da poboación. Hoxe en día, non é raro coñecer o caso de familias que viven da bolsa de estudos das súas fillas, estudantes que teñen que traballar para sobrevivir ou proxenitores que teñen que endebedarse para poder asumir os custos da universidade. Sen contar a todas as
que se quedaron polo camiño cando a suba de taxas e o endurecemento das bolsas se fixo demasiado para
os seus petos. Vivimos nunha época na que os estudos superiores se elitizan e converten nun luxo.
A Universidade sufre recortes nas partidas orzamentarias ano tras ano, sexan directas ou movendo asignacións dun capítulo fixo a un variábel. Máis que sofre h
Less