Asemblea de Ciencias da Liga Estudantil Galega
Coñeces a USC?
Ao inicio deste curso académico, a nosa organización considerou necesario levar adiante unha
campaña para informar ao alumnado recén chegado do funcionamento da USC, para o cal
realizamos...
More

realizamos numerosas charlas e elaboramos estrazas baixo o título “manual da novata” con
algúns datos relevantes da actual situación da USC. Xa pasou todo un cuadrimestre dende o inicio
das clases, mais consideramos que seguramente moitas alumnas -algunhas que incluso levan xa
máis dun ano na súa carreira- seguen sen estar familiarizadas coa estrutura da universidade ou
con algunhas das normativas máis relevantes e que máis lles afectan. Por esta razón decidimos
darlle unha pequena continuidade a esta campaña a través deste artigo, no que se trataran dous
temas de especial relevancia: a Normativa de Permanencia e os órganos de goberno da
USC.
Esperamos que sexan unha ferramenta útil a todas as estudantes.
Artigo
Less